RadioEstrada

Entre música, Soles e bonsais con goles.

No programa de hoxe de A Galería de Verán achegámonos ata as Ínsuas de Gres para coñecer todos os detalles do primeiro Encontro Musical organizado pola Unión Musical Ponteledesma. A súa secretaria, Tamara Soto, explícanos como nace esta iniciativa, dirixida a músicos de diferentes especialidades que compartirán unha intensa xornada de formación nun enclave natural único.

Na segunda hora descubrimos o mundo do bonsái da man de Kiko Torrado, secretario de Bonsai A Estrada, que nos presenta as xornadas técnicas desta fin de semana, impartidas polo recoñecido mestre Germán Colmenares.

Ademais, conversamos co óptico Mauro Carrillo sobre o gran eclipse total de Sol do vindeiro 12 de agosto. Falamos das precaucións que debemos adoptar, dos riscos de observar o Sol sen protección e de como identificar unhas lentes homologadas para vivir este acontecemento con total seguridade.

O programa complétase coa nosa habitual análise deportiva xunto a Antón Lueiro, repasando as claves do encontro disputado entre Arxentina e Inglaterra, e cun especial musical dedicado ao Día do Carme, con cancións e artistas que levan por nome Carmen ou Mari Carmen.

Un programa cheo de música, divulgación, natureza, deporte e historias de proximidade, como cada mañá en Radio Estrada.

Escoita completo na nosa canle de ivoox

Scroll al inicio