RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

A actualidade deste martes chega marcada por varios asuntos de impacto local. Coñecemos as consecuencias do novo roubo rexistrado no local social de Matalobos, repasamos a participación do alcalde Gonzalo Louzao no Foro da Vivenda celebrado en Ames e ofrecemos a última hora sobre a fuga de auga nas piscinas municipais, que mantén pechado o vaso grande.

Facemos tamén balance da Rapa das Bestas de Sabucedo, que encara as súas últimas horas antes da volta dos animais ao monte. Ademais, explicamos o novo plan de humanización do rural aprobado polo Concello, repasamos as axudas da Deputación para fomentar o uso da lingua galega entre entidades estradenses e recollermos as críticas do PSOE polo atraso na apertura da praia fluvial de Liñares. A xornada péchase cun dato moi positivo para o sector turístico: xullo comezou cun 100% de ocupación nas casas de turismo rural da Estrada.

️ En comarcas
Falamos da visita do presidente da Xunta a Silleda con motivo do centenario de Autocares Rías Baixas, coñecemos todos os detalles da nova edición de Equina Galicia —que volverá reunir concursos nacionais de doma clásica e equitación de traballo— e achegámonos a Vila de Cruces, onde este mércores reabre a piscina municipal tras a renovación das súas instalacións.

En deportes
A estradense Iziar Barcala proclámase subcampioa galega sub‑19 de bádminton e suma tamén un bronce no Campionato Galego disputado en Baiona, consolidando unha fin de semana de grandes resultados para o deporte local.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_176885091_feed_1.mp3

Scroll al inicio