RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Hoxe xoves 11 de xuño abrimos programa con Ricardo Terceiro e os seus Relatos Urbanos. Desta volta desenfía unha maraña de confusións á volta da nomenclatura da rúa irmáns Trigo. Son relamente irmáns? Que clase de parentesco os cinguía? Ricardo nolo conta.

De cara a vaga de calor que desde mañá imos soportar demos unha serie de consellos para poder enfrontar as xornadas vindeiras dunha maneira máis saudable, nomeadamente para os nosos maiores e os nosos pequechos e pequechas.

Eli Rey chegou como cada xoves cos seus petos inzados de curiosidades e desta volta parolamos sobre calceta, ganchillo e vainica doble.

E para rematar falamos da presentación da curtametraxe feita pola Asociación Vagalumes da viaxe que fixo Castelao á Bretaña hai cáseque 100 anos para estudar as súas cruces e que vai ter lugar esta tarde a partir das 20:00 nos Minicines da Estrada.


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_175440634_feed_1.mp3

Scroll al inicio