Hoxe martes 9 de xuño, falamos das repercusións na nosa saúde mental cando estamos inmersas nun proceso opositor, con Verónica Barros.
O pasado domingo celebrouse o Día Internacional da Síndrome de Tourette, para saber máis sobre ela falamos con María Domínguez Presidenta da Asociación Galega de Síndrome de Tourette.
No noso ruralmente falamos con Nieves Couto que transformou unha etapa persoal delicada nun proxecto de vida a través de Pelegrinas.
E falamos con Rocío Castro Pombo sobre o recoñecemento europeo a un proxecto de formación e emprego xuvenil que se fai desde aquí, desde A Estrada.
Entra e dálle ao play. É de balde!!!
