RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Hoxe Martes 9 de Xuño, falamos con Verónica Barros, a nosa psicóloga, de como afecta á saúde mental un proceso opositor e como coidala.
O pasado domingo celebramos o Día Mundial da Síndrome de Tourette, para coñecer un pouco a realidade das persoas afectadas e derrumbar algún que outro mito, falamos coa Presidenta da Asociación Galega da Síndrome de Tourette.
Endozamos a mañá con Melindres da man de Nieves Couto, xerente de Pelegrinas, quen nos contou como decidiu pór en valor a repostería máis tradicional.
E rematamos falando da importante labor que fai Acción Contra a Fame a través da súa Escola de Emprego Xuvenil que ven de ser recoñecida a nivel europeo.
Se queres escoitar máis, entra e dalle o play. É de balde!!


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_175204717_feed_1.mp3

Scroll al inicio