RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Hoxe luns 8 de xuño falamos de vivenda na nosa sección de consumo con Ana Cores e Kim Llovet. Pùxemos o foco nos nosos dereitos coma consumidores e de certos aspectos importantes que temos que ter en conta cando vaiamos adquirir a nosa vivenda.

Falamos con Candela Vilas secretaria da Banda de Música Municipal da Estrada que esta fin de semana encherá de música o Teatro e as rúas do Concello.

Tivemos con nós no estudio a unha representación do equipo de alumnos e alumnas de 1º de bacharelato artístico do Manuel García Barros que nos viñeron falar do seu proxecto fotográfico á volta do oficio dos torneiros da parroquia de Berres e que agora podemos gozar nunha exposición ata o 19 de xuño na sala Abanca da Estrada.

E puxemos o ramo con María Calvo, bióloga, que no Día Mundial dos Océanos trouxo a tona a importancia dos mesmos nas nosas vidas, os problemas que enfrontan e a nosa responsabilidade como coidadores e salvaguardas da biodiversidade.

Se queres saber máis, xa sabes…entra e dálle ao play. É de balde!!!


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_175146332_feed_1.mp3

Scroll al inicio