RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

Abrimos coa actualidade municipal: unha persoa resulta ferida nun accidente de tráfico na Avenida de Leicures. O Concello, o Centro de Saúde e a AECC únense nunha campaña aberta á veciñanza polo Día Mundial sen Tabaco. Ademais, coñecemos o Grolo de Ouro da Feira da Sidra, que nesta edición viaxa ao País Vasco da man de Sagar Doaren – LurralDéa. Seguimos afondando na Feira da Sidra, que continúa medrando en espazo, servizos e actividades, incluído o novo tardeo na rúa Serafín Pazo. Tamén repasamos o avance do mural dedicado a Manuel García Barros na fachada lateral do Teatro Principal, que estará rematado a vindeira semana. Pechamos o bloque local coa Ruta do Socio 2026 organizada por Socade e co novo curso de electricidade impulsado por COESCO para favorecer a inserción laboral.

Na sección de comarcas, falamos da caída dunha árbore que deixou sen subministro eléctrico a 3.000 usuarios en Cerdedo-Cotobade, A Lama e Forcarei. En Caldas avanzan as obras nocturnas de asfaltado da N‑640, mentres que Cuntis reforza a súa aposta polo termalismo para atraer visitantes durante todo o ano.

En deportes, conversamos con Tinto, que se despide do Sporting Estrada tras conseguir o ascenso e a permanencia en Primeira.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_174926746_feed_1.mp3

Scroll al inicio