RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e da comarca con temas destacados como a presentación da 13ª Feira da Sidra, que se celebrará o 6 de xuño, e o peche da visita dos 16 touroperadores internacionais que participaron no FAM Trip turístico polo municipio, deixando as súas impresións sobre o potencial da zona.

A Xunta anuncia que impulsará, xunto cos concellos e os arquitectos, a simplificación das licenzas urbanísticas, mentres que a Fundación do Moble da Estrada aproba por unanimidade as contas do último exercicio. Ademais, o Sergas terá que ampliar o programa de mamografías ás mulleres de 45 a 74 anos antes de 2029.

Tamén falamos do inicio dos talleres de memoria, que arrancan a vindeira semana con nove grupos entre o casco urbano e as parroquias, e da participación da Estrada nunha nova edición do programa Goza do Ulla, cunha ruta de sendeirismo polo río. A sala Mome acollerá ademais a presentación da biografía de Begoña Caamaño.

Na sección de comarcas, destacamos que o Euromillón deixa un premio dun millón de euros en O Pino, que se presentan preto de 2.000 alegacións contra a liña de alta tensión das Penizas en Forcarei, que Silleda asume a titularidade dun tramo da EP-6517 e que en Moraña continúan as críticas pola ausencia dun secretario fixo e pola falta de plenos. Ademais, Padrón acollerá en outubro o 6º Encontro Nacional de Pueblos Mágicos de España.

En deportes, o autobús para acompañar o CD Estradense no seu partido en Arteixo xa está completo, e non se descarta fletar un segundo se aumenta a demanda.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_174139094_feed_1.mp3

Scroll al inicio