Hoxe mércores 13 de maio falamos da retranca, esa maneira de comunicarnos tan nosa, no Está Falado! con Lois Alcaide, ese espazo no que lle damos voltas á lingua.
Dentro das actividades que conforman a programación da Festa do Salmón 2026 o Raid Hípico é xa un clásico. Este ano celébrase a súa XV edición, falamos disto co presidente da Asociación Cabalar da Estrada.
Hoxe no noso curruncho adicado á Igualdade «Voces en lila», falamos con Pilar Otero González, CEO dunha empresa adicada aos produtos do mar, Presidenta da Asociación de Mulleres en Igualdade Ría de Pontevedra e Presidenta de ANMUPESCA. Unha muller afouta e brava que ten moi en conta os consellos e as vivencias das mulleres da súa familia para seguir loitando pola igualdade no mundo da mar.
E puxemos o ramo a esta xornada con Don Milincho. Falamos de bañadores, de fútbol, de pelegríns e de ir apañar toxo ao monte.
Se queres saber máis entra e dalle ao play…É de balde!!
