Hoxe luns 4 de maio arrancamos semana e programa con Ana Cores que nos fala de consumo, hoxe á volta dos certificados enerxéticos.
Henrique Monteagudo Presidente da Real Academia Galega da lingua debullou con nós as actividades que desde a RAG se están a poñer en marcha para a celebración deste mes das Letras, adicadas a Begoña Caamaño, actividades focadas nas RRSS e nos audiovisuais.
Falamos tamén da Festa do Picantón que este domingo día 10 vai ter lugar en Teo na parroquia de Rarís. Máis de 2.000 picantóns nunha xornada de comunidade e celebración.
Con Jesús Vázquez Almuiña deputado de turismo da deputación de Pontevedra falamos das rutas das maceiras que van ter lugar este sábado día 9 na Estrada. Rutas onde natureza, gastronomía e patrimonio son protagonistas. Hoxe comezaba o prazo para apuntarse pero…en menos de dúas horas encheuse o cupo de inscripción e é que…A Estrada mola!!!
E falando de celebracións Óscar Durán concelleiro de Eventos deu unha vista de ollos á programación da Festa do Salmón que comeza xa nesta semana. Menudos quince días de celebrar nos agardan!.
Entrade e dádelle ao play, é de balde!!!
