RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e da comarca con múltiples protagonistas.
Abrimos coa crónica dun coche que ardeu por completo na N-640, á altura de Agar, sen causar feridos. Falamos tamén dos 88.000 euros que a Deputación destina á Estrada para melloras en Codeseda e Cereixo.

A cultura e as festas ocupan boa parte da xornada:

Fernando Romay será o pregoeiro da 52ª Festa do Salmón, que se presentará este mércores no Xirimbao con novidades.

Anunciamos a chegada en novembro dunha compañía internacional de ballet que representará O Lago dos Cisnes.

A Escola Musikenos presenta a nova edición do Salmon Rock, prevista para o 22 de maio.

No ámbito educativo, o IES Antón Losada Diéguez abre as súas portas os días 27 e 28 para dar a coñecer a súa oferta de FP e educación para adultos. Ademais, o ensino galego prepara unha nova mobilización mañá en Santiago.

En Comarcas, destacamos un accidente de tráfico en Cuntis con unha moza ferida, a promoción do Cocido de Lalín en Nova York, a candidatura de Julio López “Viscu” en Vila de Cruces, a celebración en Rodeiro da segunda fase do Campionato Galego de Andadura, e o impulso de Valga á transformación de Porto Piñeiro cun investimento de 875.000 euros.

En Deportes, o Estradense será distinguido polo seu centenario coa medalla ao mérito deportivo de Galicia, repasamos os resultados da fin de semana e avanzamos o proxecto de fútbol penitenciario que se celebra mañá na Estrada coa participación de cinco centros galegos.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_172623568_feed_1.mp3

Scroll al inicio