RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Hoxe martes 28 de abril desmontamos o mito da «supernai» con Verónica Barros a nosa psicóloga de cabeceira.

Como estamos a celebrar a Semana Mundial da ONU sobre seguridade vial falamos coa directora e profesora da autoescola Auces da Estrada, contounos que unha autoescola é moito máis que un lugar onde examinarse para sacar un permiso de conducir e que todo o que alí se aprende redunda nunha forma sostible de fomentar a seguridade vial.

No «Ruralmente» tivemos unha conversa ben bonita con María del Mar Brea productora de mel da Estrada e alma de «O mel de Brea». Contounos cousas sobre as abellas que nunca imaxinarías.

E puxemos o ramo a esta mañá con Paula Bouzós, deputada de igualdade da Deputación de Pontevedra quen nos falou dunha biblioteca ambulante que estará en todos os colexios da provincia pondo no foco as obras literarias de autoras galegas.
Anímate, dalle ao Play. É de balde!


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_172677195_feed_1.mp3

Scroll al inicio