RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

Neste espazo repasamos a última hora da vila e da comarca, cunha ampla variedade de temas que marcan a actualidade local.

Comezamos coa gastronomía, porque todo está listo nos 22 establecementos hostaleiros que desde esta tarde, ás 20:00 h, comezan a servir as Santas Tapas desta edición.

No ámbito municipal, xa remataron os traballos na Praza do Mercado coa instalación dunha nova pérgola, despois dos problemas estruturais da anterior. Tamén se están a repoñer as plantas das xardineiras das rúas, devolvéndolle cor e vida ao centro urbano.

A xuntanza entre o goberno local e a Asociación Rapa das Bestas deixou novidades importantes: unha nova quenda de autobús, reforzo das medidas de seguridade e a definición das actuacións que formarán parte do cartel deste ano.

A Semana Santa chega cargada de actos: procesións, o primeiro Viacrucis polas rúas, a Vixilia Pascual e o Domingo de Pascua, que completan unha programación intensa e moi participativa.

Tamén avanzan os traballos de acondicionamento da futura autovía Santiago–A Estrada, que xa se deixan notar nas zonas máis próximas ás vivendas, onde os veciños realizan tarefas previas á chegada das máquinas.

Na sección de Comarcas, Campo Lameiro incorpora o artigo no seu nome oficial, mentres que Cerdedo-Cotobade perde o guión na nova revisión toponímica de Galicia. Ademais, Padrón impulsa a humanización da N-550 cun investimento de 3 millóns de euros para mellorar a seguridade e a mobilidade entre o centro e A Ponte.

En Deportes, Rafa Vázquez achéganos a previa dos partidos do CD Estradense: este xoves fronte ao Lugo B ás 12.00h e o domingo ante o líder, o Arosa SC, no Novo Municipal ás 19:00 h. E falamos tamén do duro circuíto de Oroso, que marcou o Galego de 5 km, onde Marcos Otero competiu pese ás dificultades.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_171188837_feed_1.mp3

Scroll al inicio