RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Hoxe luns 6 de abril iniciamos a semán falando de consumo con Kim Llovet, nomeadamente sobre a educación universitaria para adultos, que que ten que ver unha cousa coa outra?. Fica con nós e descubre as iniciativas que están poñendo en marcha desde a FEGAUS.
Manuel Magariños, responsable da Fundación Congresos e Exposicións da Estrada pasou polos nosos estudios para falar da X Feira do vehículo de ocasión que se vai celebrar esta fin de semana na Estrada.
O alcalde de Vedra tamén foi convidado do É de mañá para falarnos da XLIV Exaltación do viño da Ulla que se vai celebrar durante toda esta semana e que terá o seu punto álxido o sábado 11 e o domingo 12.
E tamén pasaron polo estudio Milagros e Laura as dúas autoras do álbum gañador do Premio Alberte Quiñoi de album ilustrado que se fallou recentemente aquí na Estrada. Foron gañadoras coa súa obra «Paio e o gatipedro».


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_171386327_feed_1.mp3

Scroll al inicio