Hoxe Martes 7 de Abril falamos da saúde mental da nosa rapazada con Verónica Barros a nosa psicóloga de referencia no É de mañá. Comezamos a tomarlle o pulso ao X Salón do Vehículo de Ocasión que se vai celebrar no recinto Ferial da Estrada esta fin de semana e comezamos facéndoo con Jacobo González xerente de Star Motor concesionario que vai estar presente na Feira.
No «Ruralmente» hoxe conversamos con Orlando Villamayor de sidras «Rabiosa» unha empresa familiar que en nada cumpre xa 100 anos de vida. Queres saber cal foi o camiño que emprederon estes «rabiosos»?, escoitao!
E puxemos o ramo deste día visibilizando ao colectivo xitano xa que mañán é o Día Internacional do Pobo Xitano. Fíxemolo falando con Fernando Montoya responsable da área de Vigo da Fundación Secretariado Xitano que traballan a reo os 365 días do ano para mudar o concepto que do pobo xitano temos, erradicar a discriminación e desbotar os prexuízos.

