RadioEstrada

A Galería de Verán | Especial Deportes: campamentos, atletismo e a previa do España-Francia

O deporte foi o gran protagonista desta edición de A Galería de Verán en Radio Estrada.

Comezamos conversando con Ismael Pena, concelleiro de Deportes do Concello da Estrada, sobre a apertura do prazo de inscrición para as quendas de agosto dos Campamentos Deportivos de Verán, un programa que cada ano facilita a conciliación das familias e promove hábitos de vida saudables entre os máis novos.

Na segunda hora recibimos a Marcos Otero, adestrador do Club Atletismo A Estrada, para facer balance dunha tempada chea de éxitos, falar do excelente momento que vive o atletismo estradense e descubrir os valores que este deporte transmite ás novas xeracións.

E na recta final puxemos a vista na gran cita futbolística da noite: a semifinal entre España e Francia. Abrimos a porra cos oíntes e analizamos as claves do encontro xunto ao analista Antón Lueiro.

🎧 Escoita o programa completo en iVoox

Ademais, música, efemérides, participación dos oíntes e a boa compañía de sempre.

🎙️ A Galería de Verán, o magazine estival de Radio Estrada (107.7 FM).

Scroll al inicio