Hoxe recibimos nos estudos de Radio Estrada a Fermín, Raquel, Nuria, Irene, Carmen, Pedro, Lázaro e Claudia, unha familia e amigos de Murcia, que está a percorrer o Camiño da Geira e dos Arrieiros desde Braga ata Santiago.
Saíron o pasado 4 de xullo e, con nove Camiños de Santiago ás súas costas, estes veteranos peregrinos atravesan estes días a nosa comarca compartindo ilusión, experiencias e moitas historias vividas ao longo da ruta.
🎙️ Escoita a entrevista completa.
