RadioEstrada

Suspendidas as clases e o transporte escolar este Venres 23 na Estrada.

A Comisión Escolar de Alertas da Xunta de Galicia acordou a suspensión das clases e do transporte escolar durante a xornada deste venres 23 de xaneiro no municipio da Estrada, así como noutros concellos do interior da provincia de Pontevedra, debido á situación de adversidade meteorolóxica prevista.

A decisión foi adoptada tras os informes da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e de MeteoGalicia, que activaron a alerta laranxa por neve no interior de Galicia. Esta medida preventiva ten como obxectivo garantir a seguridade do alumnado e da comunidade educativa.

No caso do interior pontevedrés, a suspensión afecta a concellos como A Estrada, Cuntis, Forcarei, Silleda, Lalín, Rodeiro, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro, entre outros recollidos no Anexo I do acordo da Comisión Escolar de Alertas.

Ademais, a Xunta tamén decretou a suspensión das actividades no exterior noutras zonas de Galicia, especialmente nas áreas costeiras, ante a activación da alerta vermella por vento e temporal marítimo.

Desde as autoridades recoméndase extremar a precaución, evitar desprazamentos innecesarios e seguir a evolución da situación meteorolóxica a través das canles oficiais.

Scroll al inicio