É a noticia da semana: debido á vindeira suba no recibo da recollida do lixo, representantes dos concellos de Caldas de Reis, Cuntis, Moraña, Portas, A Estrada, Barro e Campo Lameiro reuníronse este martes na Casa Consistorial caldense para avanzar cara a un servizo «supramunicipal» de recollida e tratamento do lixo.
Neste primeiro encontro acordouse elaborar un estudo que determine as fórmulas máis axeitadas para reducir custos e mellorar a eficiencia do servizo. Para iso, solicitarán a colaboración da Deputación de Pontevedra, co obxectivo de analizar modelos como a creación dun consorcio ou unha agrupación de concellos.
Os alcaldes valoran positivamente a reunión e coinciden na importancia de traballar conxuntamente para garantir un servizo de calidade e máis económico, sempre pensando no ben común da veciñanza.

Oscar Durán, Concelleiro de Servizos Municipais, acudiu en representación do C. da Estrada.