RadioEstrada

Política de Privacidade – Radio Estrada

1. Identificación do responsable
O presente sitio web, é titularidade da Fundación Cultural da Estrada, con CIF G36216406, domicilio en Avda. Benito Vigo 94 Baixo, e teléfono 986 573 433, correo electrónico de contacto: info@radioestrada.gal.

2. Finalidade do tratamento
Os datos persoais que os usuarios faciliten a través de formularios de contacto, subscrición a boletíns, mercadiño ou calquera outro medio serán tratados coa finalidade de:

  • Xestionar consultas e solicitudes de información.

  • Enviar comunicacións relacionadas coa actividade da emisora.

  • Cumprir coas obrigas legais e normativas aplicables.

3. Lexitimación
O tratamento dos datos realízase con base en:

  • O consentimento explícito do usuario.

  • A execución dun contrato ou prestación dun servizo solicitado polo usuario.

  • Cumprimento de obrigas legais aplicables.

4. Conservación dos datos
Os datos persoais conservaranse únicamente durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recollen e para determinar posibles responsabilidades legais.

5. Destinatarios dos datos
Radio Estrada non cederá os datos persoais dos usuarios a terceiros, salvo obriga legal ou cando sexa necesario para a prestación dos servizos solicitados.

6. Dereitos do usuario
Os usuarios teñen dereito a:

  • Acceder, rectificar e suprimir os datos facilitados.

  • Solicitar a limitación ou oposición ao tratamento dos seus datos.

  • Portabilidade dos datos cando proceda.

Para exercer estes dereitos, o usuario pode enviar unha solicitude a info@radioestrada.gal, indicando o seu nome e apelidos.

7. Medidas de seguridade
Radio Estrada adopta as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade dos datos persoais tratados.

8. Cambios na política de privacidade
Radio Estrada resérvase o dereito a modificar esta Política de Privacidade. Recoméndase ao usuario revisar periodicamente o seu contido.

Scroll al inicio