RadioEstrada

Pablo García, presidente de «Medios en Galego», representa a Galicia no Día da Prensa Comarcal en Barcelona

Este pasado venres 14 celebrouse no Auditorio da Facultade de Comunicación e Relacións Internacionais Blanquerna-URL de Barcelona a duodécima edición do Día da Prensa Comarcal. Unha cita á que non quixeron faltar, como convidados, os representantes da Asociación de Medios en Galego.

O presidente da entidade, Pablo García, compañeiro de Radio Estrada, e o vicepresidente Henrique Sanfiz (Radio Fene e Radiofusión – Rede de Emisoras Municipais Galegas) estiveron presentes no acto e asinaron o manifesto preparado entre diferentes entidades.

A xornada serviu de punto de encontro para profesionais do sector da comunicación de todo o país e convocou tamén a varias asociacións xornalísticas doutras comunidades: a Asociación de Medios en Galego, a Asociación da Prensa Comarcal Valenciana, a Asociación de Medios Dixitais da Comunidade Valenciana, a Asociación de Prensa Foránea de Mallorca, a Asociación de Prensa Local de Menorca, Toki Komunikabideen Bateragunea e a Rede de Periodistas Rurales.

Houbo diversas ponencias sobre intelixencia artificial e modelos de negocio, nas que os nosos representantes —entre eles o propio Pablo García— puxeron enriba da mesa exemplos e experiencias do noso país.

Ademais, a entidade aproveitou para manter reunións con outras organizacións na procura de novas colaboracións e proxectos conxuntos.

Scroll al inicio