Radio Estrada e o Recuncho da Lingua emitiron en directo o programa Ensaiar é de Covardes dende o Teleclub de Berres, o pasado sábado 25 de outubro. Este acto está enmarcado dentro da programación do Ano Cultural Avelina Valladares en Berres.
Participaron Isabel Rei Samartim que interpretou en directo catro pezas do repertorio dos Valladares, Pablo García-Chichas-, Xosé Martíns, e Anabel Montoto. Inés Barros, veciña de Vilancosta que garda lembranzas e anécdotas da familia da Casa Grande de Vilancosta. Contamos coa lectura
de poemas de Avelina e Rosalía nas voces de Chelo do Rejo e de Sofía Pereiras.
Todo o acto estivo acompañada por veciños e veciñas que se achegaron a acompañar.

