Escoita de novo o informativo aquí <-
O Concello da Estrada pecha definitivamente a débeda cos traballadores municipais polos atrasos da Relación de Postos de Traballo. O alcalde, Gonzalo Louzao, cumpre así o compromiso anunciado en xuño e aboa en outubro un total de 2 millóns 787 mil euros a 113 empregados municipais.
O pago realizouse en dúas partes: unha nómina extraordinaria coa contía principal e un segundo abono cos intereses e cotizacións sociais. O alcalde destacou que a nova RPT “trouxo unha mellora xeral e ofrece unha radiografía máis axustada á realidade dos postos de traballo”.
O importante desembolso fíxose con cargo aos remanentes municipais, que o goberno atribúe a unha xestión económica responsable. Louzao subliñou que “é un esforzo moi importante, pero os recursos humanos do Concello tamén o merecen e iso repercute na calidade dos servizos que se prestan á veciñanza”.
