RadioEstrada

O Concello da Estrada celebra o Día de San Martiño coa entrega dos Premios de Normalización Lingüística a Recuncho da Lingua, Abraham Cupeiro e Ramiro Varela

O Concello da Estrada entregou onte os XXXV Premios San Martiño de Normalización Lingüística. Os galardóns recaeron no espazo radiofónico Recuncho da Lingua -que se emite os sábados e os luns na nosa emisora- e que conduce a mestra Pilar Bernárdez coa producción de Isa Durán; no músico Abraham Cupeiro, coñecido pola recuperación de instrumentos ancestrais e polo uso constante do galego; e no médico estradense Ramiro Varela Cives, distinguido pola súa traxectoria de defensa da lingua.

O acto, celebrado con música da Requinta de Lampai e conducido por Chus Fernández Bascuas, contou coa presenza do conselleiro de Cultura, José López Campos, e do alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, quen destacou que “a nosa lingua non é unha reliquia, senón un instrumento que segue vibrando e facendo vibrar cada vez que o tocamos”.

Scroll al inicio