RadioEstrada

 O alcalde supervisa obras de mellora en camiños rurais.

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, percorreu nos últimos días distintas parroquias do municipio para supervisar as obras de mellora en vías forestais e rurais. Son actuacións incluídas en dous plans: un en colaboración co Servizo de Prevención de Incendios de Medio Rural en Pontevedra, e outro dentro do Plan de Conservación de Camiños Rurais.

No primeiro caso, os traballos céntranse nas parroquias de Souto e Codeseda, cunha actuación destacada na recuperación de cinco quilómetros de pista entre Requián, Casalpaio e Paramá, fundamental para a prevención e extinción de incendios. Ademais, xa se iniciou a mellora doutras tres pistas en Xubrei, Insuela e Quintas.

O Plan de Conservación de Camiños Rurais, pola súa banda, concluíu obras en 19 parroquias con tarefas de limpeza, refino, compactación e pavimentación con zahorras. Entre elas, destacan actuacións en Couso, Santeles, Riobó, Guimarei, Vinseiro e Codeseda, ademais de melloras complementarias en pistas de Callobre, Tabeirós, San Xurxo de Vea e Barcala.

Scroll al inicio