RadioEstrada

Neves Rodríguez regresa á radio e convértese na nova voz das mañás de Radio Estrada

Escoita a entrevista con Neves García no «Salta da Cama Magazine»

En Radio Estrada temos o privilexio de darlle a benvida a unha das grandes voces e rostros da comunicación galega. Actriz, presentadora, comunicadora e creadora incansable, María Neves Rodríguez Román, máis coñecida como Neves Rodríguez, comezou a súa traxectoria na radio municipal de Tui e desde entón non deixou de formar parte da historia audiovisual do noso país.

Presentou Luar en dúas etapas, estivo á fronte de Desde Galicia para el Mundo en TVE Internacional, participou en series tan emblemáticas como Rías Baixas, Pazo de Familia, Serramoura, Néboa ou Método Criminal, e incluso abriu camiño no podcasting con Metrópoles Delirantes. Foi presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, é Premio Mestre Mateo á Mellor Comunicadora… e en 2024 estreouse como poeta con Cuspindo miserias.

A partir do luns 1 de decembro, incorpórase á nosa emisora, cun magazine que promete entretemento e información local e comarcal a partes iguais.

A grella de Radio Estrada, á falta dunha nova incorporación queda da seguinte maneira:

De luns a venres:

08:00 – 11:00h Salta da Cama, con Pablo García

11:00 – 13:00h É de Mañá, con Neves Rodríguez

13:00 – 13:40h Actualidade Mediodía, con Damián Cortés

15:00 – 16:00h O Mercadiño, con Pablo García

16:00 – 18:00h Ensaiar é de covardes, con Isa Durán

18:00 – 19:00h Adicatorias con Isa Durán

20:00h Actualidade Mediodía, con Damián Cortés

21:00h A hora dos podcast.

Sábados de 09:00h a 13:30 Ensaiar é de Covardes + O Recuncho da Lingua con Isa Durán.

Scroll al inicio