Esta semana, no espazo Recuncho da Lingua que cada luns nos trae a mestra de lingua Pilar Bernárdez, tivemos como convidada á antropóloga, escritora e investigadora Lidia Mariño. Xuntas afondaron no seu libro “O Nadal antes de Cristo”, unha obra que nos convida a descubrir como eran as celebracións destas datas moito antes da chegada da cristiandade.
Durante a conversa, Lidia Mariño explicou costumes ancestrais como a tradición do tizón, un elemento simbólico moi presente en moitas casas galegas e que formaba parte dos rituais ligados ao inverno e ao renacer da luz.
Se queres coñecer máis sobre estas tradicións e escoitar a entrevista completa, podes facelo aquí: [ESCOITA O PODCAST]
