Escoita a Juan Núñez no noso informativo <-
O músico estradense Juan Núñez, coñecido clarinetista e saxofonista, suma agora un novo recoñecemento na súa traxectoria: acaba de recibir unha Mención no apartado de Composicións de dificultade media polo tema “Camiño dos Arrieiros”, no concurso anual que organiza a Federación Galega de Bandas de Música.
Núñez forma parte da Banda de Música Municipal da Estrada, do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso, e desenvolve tamén a súa carreira como músico militar. A súa faceta de compositor, menos coñecida ata o de agora para boa parte do público, dá así un salto á primeira liña con esta distinción que pon en valor o seu talento creativo, máis alá da interpretación.
“Camiño dos Arrieiros” destaca pola súa musicalidade accesible e pola capacidade de transmitir emoción cunha linguaxe pensada para bandas de nivel medio, un equilibrio que o xurado valorou especialmente nesta edición.Arrieiros”. E todo isto, no marco do concurso de Composición que cada ano ofrece a Federación Galega de Bandas de Música.
