RadioEstrada

IX RallyMix Cuntis Vila Termal: escoita os mellores momentos da nosa retransmisión

Radio Estrada volveu saír á rúa para vivir desde dentro unha das grandes citas do motor na comarca. O pasado sábado realizamos unha ampla retransmisión en directo do IX RallyMix Cuntis Vila Termal, acompañando durante toda a xornada a pilotos, copilotos, organización e afeccionados.

Foron moitas horas de radio desde Cuntis, seguindo a evolución da competición, achegándonos ao parque de traballo e recollendo as impresións dos protagonistas practicamente ao pé dos vehículos.

Agora recuperamos os mellores momentos daquela retransmisión en dous programas, para poder volver vivir con calma todo o que deu de si o RallyMix.

PARTE 1

Na primeira entrega acompañáronnos Javier Ramilo “Kobas”, que acabaría proclamándose vencedor da proba; Alejandro Fariña; Manolo Hórrea; José Carlos Figueiras, co que falamos tamén do RallyMix Serra do Argallo; e José Miguel Martínez “Bamarti” e Blanca Martínez.

Momentos destacados:

00:23:50 — Javier Ramilo “Kobas”
00:44:12 — Alejandro Fariña
01:12:00 — Manolo Hórrea
01:35:00 — José Carlos Figueiras
01:58:00 — José Miguel Martínez “Bamarti” e Blanca Martínez

▶ ESCOITA AQUÍ A PARTE 1

PARTE 2

A segunda parte arranca con Carlos Rodríguez “Moreno” e permítenos seguir a evolución dunha proba que aínda tiña moito por decidir.

Ao longo da retransmisión falamos con Sergio Fernández, líder da competición nese momento; Pisco Ventín; Manuel Osorio e Raquel Rodríguez Triñanes; Daniel Alejandro Remuiñán; Alberto Torres Espiño, membro da Escudería Cuntis Vila Termal; Benito Valera; Martín Torres; Antonio López Lence “Toñito”; Lucas Pazos, unha das promesas do karting galego; e Damián Mateo e Adrián Campaña.

Momentos destacados:

Inicio — Carlos Rodríguez “Moreno”
00:32:00 — Sergio Fernández
00:48:00 — Pisco Ventín
01:16:10 — Manuel Osorio e Raquel Rodríguez Triñanes
01:36:10 — Daniel Alejandro Remuiñán
01:50:00 — Alberto Torres Espiño
02:02:28 — Benito Valera
02:24:28 — Martín Torres
02:45:00 — Antonio López Lence “Toñito”
03:03:00 — Lucas Pazos
03:24:00 — Damián Mateo e Adrián Campaña

Un final apoteósico

A partir do 04:00:31 chega un dos grandes momentos de toda a retransmisión. A última parte da proba deixounos unha emocionante loita entre Manuel Osorio e José Miguel Martínez “Bamarti”, vivida practicamente en tempo real desde Cuntis.

Alberto Pérez, Luis Mato, Martín Meijome e Damián Cortés puxeron voz a ese final desde distintos puntos, completando a retransmisión coas reaccións e entrevistas aos pilotos no propio parque de traballo.

Un final que resume perfectamente o que buscamos con este tipo de programas: contar o deporte desde o lugar no que está acontecendo e facer que quen escoita a Radio Estrada poida sentirse tamén dentro da proba.

▶ ESCOITA AQUÍ A PARTE 2

Dúas entregas para recuperar unha xornada completa de motor, radio en directo e ambiente desde Cuntis e volver vivir os mellores momentos do IX RallyMix Cuntis Vila Termal.

Radio Estrada 107.7 FM

Scroll al inicio