RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e comarca. Abrimos coa evolución das obras de mellora na N‑640, mentres o BNG estradense convoca unha caravana de protesta para este sábado. Tamén falamos da sesión informativa celebrada no Concello sobre o proceso de regularización de persoas estranxeiras.

No ámbito educativo, a Consellería e Aspanaes estudan crear unha aula específica para alumnado con TEA no CEIP Manuel Villar Paramá de Vea, unha proposta que a CIG cuestiona ao considerar que suporía ceder espazos públicos a unha entidade privada. Ademais, a Xunta pon en valor o modelo educativo do CEIP Cabada Vázquez e lembramos a mobilización do ensino convocada para o día 28 en Santiago.

Na axenda cultural, coñecemos a 2ª edición do Festival Os Arrieriños, que traerá música pop‑rock á Estrada o 23 de maio con entrada de balde.

En clave comarcal, o PP de Cuntis incorpora a Margarita Escariz como nova concelleira, e a CIG convoca unha folga no metal de Pontevedra o 7 de maio polo bloqueo das negociacións do convenio.

Peche deportivo cunha xornada especial: o CD Estradense celebra cen anos cun libro de Ricardo Terceiro; destacamos o podio internacional de Marcos Puga no raid de Castro de Rei; e avanzamos a primeira proba do I Circuíto de Atletismo en Pista Deputación de Pontevedra 2026, que se disputa este venres nas pistas municipais da Estrada.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_172405632_feed_1.mp3

Scroll al inicio