️ Informativo Radio Estrada
O Concello da Estrada inicia unha nova rolda de visitas ás parroquias para impulsar melloras en locais sociais co apoio da Deputación.
Falamos tamén da organización da Festa do Maior, que se celebrará o 22 de marzo no Coto Ferreiro e para a que a empresa estradense Valenciaga, de Óscar Rivas, foi proposta provisionalmente como encargada do evento. As inscricións seguen abertas ata o luns 16.
A vila prepara ademais a Feira de Pascua, que os días 11 e 12 de abril contará con concurso de cabalos, mercado equino, bautizo hípico e rutas urbanas a cabalo.
Entre outras noticias, informamos dun novo curso de monitor de co
