No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e da comarca nunha xornada marcada polos efectos do mal tempo. O alcalde visita varias parroquias rurais para avaliar os danos, mentres o Concello reúne no MOME ás asociacións veciñais para explicar os plans Provincia Comunitaria, +Aqua e +Novaqua.
Falamos tamén da consolidación dos vales de alimentos como ferramenta estable de axuda social, da primeira Feira de Emprendemento que A Estrada acollerá en maio e dos últimos días para presentar obras aos premios literarios municipais. No ámbito político, o PSOE critica o atraso na presentación dos orzamentos de 2026, e na crónica social destacamos a despedida do histórico restaurante A Bombilla este Entroido.
Na comarca, deixamos a última hora dun accidente leve pola choiva na AP‑9 en Caldas, coñecemos os preparativos do Entroido en Cuntis, celebramos o acordo para a devolución das esculturas románicas de Carboeiro e lembramos que xa está aberto o prazo do certame Enreguéifate. Ademais, avanzamos o programa da 43ª Festa da Filloa de Lestedo.
En deportes, dous atletas estradenses competirán no Campionato de Galicia de lanzamentos longos en Santiago.
https://go.ivoox.com/rf/167558959