Un novo intento de fraude pon en alerta á veciñanza da Estrada: varios usuarios recibiron mensaxes falsas sobre a suposta caducidade da súa tarxeta sanitaria. Lembramos que as tarxetas sanitarias galegas non caducan desde 2012, polo que se trata dun engano destinado a obter datos persoais. Falamos no Centro de Saúde coa súa Xefa do Grupo Administrativo, Mery Bermúdez, para coñecer os detalles e as recomendacións de seguridade.
Ademais, repasamos a actualidade local:
Desaloxado un edificio na Avenida Benito Vigo por unha alarma de incendio.
As farmacias da vila dispoñerán dunha praza de aparcamento de uso exclusivo durante 10 minutos.
O Pleno municipal debaterá mocións sobre Mercosur e o sector primario, e o PSOE propón un espazo interxeracional no antigo Xulgado Nº1.
Novas marquesiñas para o transporte escolar xunto ao Concello.
O alcalde pide civismo na recollida do lixo tras detectar voluminosos fóra dos colectores.
Un cento de escolares visita o Concello e participa en plenos infantís.
Na comarca:
Cerdedo-Cotobade celebra unha xornada aberta de pickleball polo Día da Muller.
A Vía Verde do Salnés mellora o acceso en Vilagarcía.
A Deputación convoca a décima edición dos Premios Provinciais á Xuventude 2026.
En deportes:
O estradense Nico Lorenzo, campión do Trail de Quiroga con só 15 anos.
O Clube NS A Estrada logra sete récords galegos e dous de España na final da liga absoluta.
