10 Febreiro:
A xornada chega marcada polo aviso laranxa por chuvia no interior de Pontevedra, que obriga a suspender as actividades escolares ao aire libre. O Concello mantén o compromiso de abrir a Praza de Galicia para o Entroido, aínda que o tempo condicionará finalmente o desfile, e intensifica os traballos tras un mes de temporais, pedindo paciencia á veciñanza.
Na Estrada, Xunta e Euroconsumo avanzan na nova estratexia de protección ás persoas consumidoras, mentres se abre o prazo para presentar candidaturas ao Premio Honorífico da Labor das Mulleres. Ademais, 18 veciños parten cara Palma de Mallorca na primeira viaxe do Imserso, e “Os seráns de Vilancosta” anuncian a súa despedida dos escenarios cunha xira con parada na Estrada, Braga e A Coruña.
En clave comarcal, un home resulta ferido en Cuntis tras sufrir unha indisposición ao volante. Un operativo con preto de vinte axentes rexistra un chalé en Teo e un negocio de coches en Padrón, con tres detidos. A conselleira Fabiola García visita o CIM móbil en Forcarei, mentres Boqueixón inviste máis de 400.000 euros na mellora do saneamento en oito núcleos. En Silleda, Xunta e Concello comprometen preto de 108.000 euros para mellorar o consultorio da Bandeira.
Un repaso completo á actualidade local e comarcal deste 10 de febreiro.
