RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

A actualidade deste Mércores chega marcada pola caída sufrida por unha muller na beirarrúa da N‑640 á altura do Concello.
Guimarei acollerá o martes unha reunión cos afectados pola liña de alta tensión A Estrada‑Paizás.
Os semáforos dun dos principais cruces da Estrada volven funcionar tras varias avarías nos últimos días.
AGADEA presentou no Concello a obra “Foise no Vento”, que abrirá a programación cultural.
A estradense Silvia Fuentes está entre as candidatas aos Premios Mulleres no Foco da Deputación.
Santiago acollerá o 16 de outubro a apertura da Causa de canonización de Santa Paterna, venerada en Arnois.

En comarcas
A falta de auga nos mananciais obriga Forcarei a aplicar cortes nocturnos en Soutelo.

Javier Tourís visitou esta mañá en Cuntis asociacións vinculadas á auga.

Padrón prohibe estacionar hoxe na avenida de Compostela por traballos de asfaltado.

A Asociación de Gandeiros Elas Eles alerta de que a carga administrativa pode acelerar a desaparición das pequenas granxas galegas.

En deportes
Aprazada a primeira fase do cros escolar prevista para hoxe na Estrada.

Brais Rey e Marcos Otero, convocados para unha xornada de tecnificación da RFEA.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_181084117_feed_1.mp3

Scroll al inicio