RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

A actualidade deste Martes chega marcada pola reunión informativa na que os veciños afectados pola liña de alta tensión A Estrada‑Paizás coñeceron onte os pormenores do proxecto e preparan xa as súas alegacións.
O Concello reforza a sinalización viaria con máis de 30 intervencións en distintos puntos do municipio.
Recupéranse 142 metros cúbicos de auga ao día grazas aos mananciais de Espiño II e Codeseda, mellorando a capacidade de abastecemento.
Portobello convértese no accionista maioritario de Martínez Otero e impulsa a súa expansión internacional.
Arnois presentará en outubro o Camiño de Santa Paterna, unha nova variante do Camiño de Santiago.
O Teatro Principal concentra unha programación de outono con danza, teatro, música e humor.

En comarcas
Localizado en bo estado o veciño de Lalín desaparecido desde onte.

Silleda inicia os traballos arqueolóxicos na Praza da Igrexa tras o achado de restos humanos.

O PSOE de Forcarei fixa na localidade un dos seus principais obxectivos para as municipais de 2027.

Yoli Vieiro será a nova portavoz do BNG en Vedra tras a renuncia de Fou Pose.

A Xunta desprega hoxe a súa axenda polas comarcas con visitas a Caldas, Boqueixón e Cerdedo‑Cotobade.

A Deputación destina preto de 150.000 euros ás escolas de música sen ánimo de lucro, cun prazo aberto ata o 30 de setembro.

En deportes
Doce centros educativos participarán mañá na primeira fase do cros escolar na Estrada.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_180983575_feed_1.mp3

Scroll al inicio