RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

A actualidade deste mércores chega marcada pola visita institucional: A Estrada recibiu unha delegación da rexión polaca de Pomerania para intercambiar experiencias entre administracións.
Clausúrase na vila a cuarta edición de Enredando, o programa que achega as novas tecnoloxías ás persoas maiores do rural.
Mañá, Pablo Fernández inaugurará a 38ª Feira do Moble de Galicia na Estrada.
O BNG reclama que o municipio entre no plan da Xunta para construír novas residencias públicas de maiores.
A ANPA Alecrín do CEIP do Foxo abre o prazo para facerse socios de cara ao novo curso.
AGADEA fai un último chamamento para participar na IX Andaina Os Camiños da Memoria.
Latexo Percusión celebra hoxe a súa xornada de Portas Abertas con dous puntos de encontro: a Praza do Concello e a Semana Cultural de Guimarei.
A Fervenza de Ouzande abre as inscricións para música e baile tradicional.
E a promoción de BUP 76‑77 celebra este sábado medio século de amizade cun reencontro especial.

En comarcas
Lalín reclamará ao Goberno recuperar a atención da Tesourería da Seguridade Social na localidade.

O BNG de Dozón denuncia que o novo depósito de Sanguiñedo non permite abastecer os medios de extinción.

A nova ETAP de Padrón ampliou a súa capacidade para garantir o abastecemento de auga a 90.000 habitantes.

En deportes
Bamarti presenta esta noite en Cuntis o Škoda co que regresa á competición.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_180709364_feed_1.mp3

Scroll al inicio