A Estrada volve converterse esta semana no gran escaparate do sector do moble en Galicia. Esta mañá presentouse oficialmente a 38ª Feira do Moble de Galicia, unha cita histórica e un punto de encontro clave para fabricantes, profesionais e público.
Unha edición que reivindica o peso dunha industria ligada á historia económica da Estrada, pero que tamén mira cara ao futuro, ás novas tendencias e aos novos hábitos de consumo.
A nosa compañeira Carmen Pombo estivo na presentación e recolleu todos os detalles desta trixésimo oitava edición.
Titulares
38ª Feira do Moble: catro pavillóns, medio cento de expositores… hoxe foi presentada na Fundación de Exposicións e Congresos.
O Concello e Tysgal informarán o luns en Cereixo e Loimil sobre a futura liña de alta tensión A Estrada‑Paizás.
A Estrada mantense en alerta pola seca, aínda que a sectorización da rede permite afrontar a situación con maior marxe que outros concellos da contorna.
Esta mañá esgotáronse as prazas das viaxes do IMSERSO, que onte deixaron colas de ata seis horas na axencia da Estrada.
“Celtas con Filtro”, a obra da EMAE, chega hoxe á Semana Cultural de Guimarei.
En comarcas
Corte da AG‑11 en Padrón para permitir o aterraxe dun helicóptero sanitario.
Valga facilita aos pensionistas a xestión das viaxes do IMSERSO ante as dificultades co trámite por internet.
Cerdedo‑Cotobade busca voluntarios para coidar e controlar as colonias felinas do municipio.
En deportes
O estradense Rodrigo Feijóo, con só 14 anos, proclámase campión do torneo de baile K‑POP da Lérez Up.
O Atletismo A Estrada logra o terceiro posto na quinta Contrarreloxo por Equipos de Redondela.
