RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

A actualidade deste venres chega marcada pola análise que a veciñanza de Loimil está a realizar sobre o impacto da nova liña de alta tensión que atravesará varias parroquias da Estrada.
O PSOE da Estrada critica o retraso das axudas municipais para material escolar e reclama a súa publicación inmediata.
A Comunidade de Regantes Presa Nova convoca a súa Xunta Xeral Ordinaria para o 25 de setembro en Oca.
A estradense Laura Vázquez gaña o Premio Simbad no MOME coa obra A outra Casa.
A Feira do Moble de Galicia presentará este martes a súa 38ª edición na Estrada.
A sala Abanca acolle unha nova edición do Mercadiño, con particulares vendendo roupa, libros, xogos e obxectos en desuso.
As alumnas do 64 do Inmaculada Concepción celebran a esta hora o seu reencontro.
Ata o domingo podemos achegarnos á Praza da Constitución para degustar as hamburguesas de The Burger Top.
Callobre celebra hoxe a 25ª edición do Festival Folk de Raíz con obradoiros e catro grupos de música tradicional.
E mañá terá lugar tamén en Callobre a quinta Ruta Cabalar con percorrido, cea e música.
O Recuncho da Lingua regresa a Radio Estrada o 28 de setembro e este domingo abre xa a súa programación cultural en Berres.

En comarcas
Ferido nun choque por alcance na N‑525 ao seu paso por Filgueira (Lalín).

A Semana Verde relanza a reforma das instalacións hípicas con 837.000 euros e obras desde novembro.

A Garda Civil forma en Pontevedra máis de 25 gardas rurais para mellorar a resposta ante situacións de emerxencia.

En deportes
A xornada ligueira deixa, entre outros, dous enfrontamentos destacados: Arteixo – Estradense e Sporting Estrada – Combarro. O compañeiro Rafa Vázquez traerá toda a información dos equipos da contorna, nunha fin de semana na que comeza tamén a competición no fútbol sala.

Máis de 200 deportistas competirán este sábado na Estrada no IV Open de Australianas e Bandeiras.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_180419598_feed_1.mp3

Scroll al inicio