A actualidade deste venres abre coa despedida ós tres cativos saharauís acollidos este verán, ós que o Concello agarda volver recibir o próximo ano.
A Estrada abre o prazo de inscrición para a terceira quenda da actividade de piscina para maiores de 50 e reforzará durante un ano o servizo de orientación laboral cun novo técnico.
A semana que vén chega á vila The Burguer Top, a festa das hamburguesas, que se celebrará de xoves a domingo.
A asociación Bonsái A Estrada organiza mañá un obradoiro a cargo de Juan María Calvo.
O Concello lembra que ata o día 10 segue aberto o prazo para solicitar as bolsas para alumnado con necesidades específicas.
As webs dos centros educativos públicos galegos renovaranse para ser máis sinxelas e accesibles.
As persoas interesadas na campaña de recollida da mazá teñen hoxe unha reunión informativa no MOME.
E esta noite, San Xurxo de Vea encherá de música e tradición a súa Noite Folk.
Todo está preparado tamén para o Encontro da Cruz da Grela, en Codeseda.
En comarcas
Unha avaría na catenaria en Padrón provoca atrasos e dous transbordos na liña Santiago‑Vilagarcía.
Teo acolle esta tarde a inauguración da exposición de Manuel Quintana Martelo.
O Campo Lameiro aposta por unha Festa dos Mozos con música galega para todos os gustos.
En deportes
O Estradense abre o domingo ás 7 a nova tempada no Novo Municipal ante a SD Sarriana, e o compañeiro Rafa Vázquez traerá toda a información do fútbol da contorna.
A Estrada reúne este sábado ós mellores xogadores galegos de bádminton no Coto Ferreiro.
