RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

Informativo marcado pola caída de árbores no rural estradense, que continúa a dificultar a circulación nestes días e obriga a extremar as precaucións. O Concello presenta a súa nova aplicación móbil, xa dispoñible en Android e a piques de chegar a iOS. O BNG leva ao Parlamento as deficiencias detectadas no novo edificio xudicial da Estrada, inaugurado hai apenas uns meses.

O Pazo de Oca autoriza a proxección, no marco do PANIC, da película “La Novia Ensangrentada”, rodada no propio pazo en 1972. Nace tamén a Asociación Veciñal As 23 aldeas de Codeseda, coa intención de dinamizar a parroquia. E Argentinos Burger volverá competir pola Mellor Hamburguesa de España cunha proposta inspirada en Nova York.

Na comarca, a Deputación de Pontevedra abre unha nova liña de axudas de 100.000 euros para a edición de obras culturais en galego. O IES Laxeiro de Lalín vive un peche reivindicativo para presionar á Consellaría de Educación. Protección Civil de Cuntis pecha o ano con 575 intervencións, e o Viveiro de Empresas de Silleda arrinca un novo ciclo de formación dixital gratuíta para pemes.

En deportes, as pistas de atletismo da Estrada estréanse acollendo dous campionatos galegos de lanzamentos e marcha.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_167780015_feed_1.mp3

Scroll al inicio