RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

A actualidade deste venres chega marcada polas actuacións que o Concello está a desenvolver na contorna da Igrexa, onde xa rematou o traslado dos colectores e onde a vindeira semana comezarán as obras de acondicionamento da Praza da Igrexa. Achegámonos tamén ao Novo Mercado, que podería incorporar nas próximas semanas un novo posto de peixe nos días de feira, e repasamos os datos da convocatoria para cubrir a praza de conserxe do CEIP de Oca, á que se presentaron 53 aspirantes.

A comunidade educativa confía en pechar cun acordo a negociación do persoal docente para o vindeiro curso, pendente dun encontro coa Consellería de Educación. No ámbito político, o BNG da Estrada reclama medidas urxentes ante os continuos cortes de subministración eléctrica que afectan a distintos puntos do concello.

Na axenda cultural e social, destacamos o Concertfluvial de Musikenos na praia de Liñares; a participación da Coral Polifónica Estradense nos actos do Día de Galicia en Santiago; a presenza de Codeseda Viva na presentación da nova guía do Camiño da Geira e dos Arrieiros; o concerto da Banda Municipal da Estrada no Festival de Bandas Centenarias de Ponteareas; e a reapertura da actividade da Asociación de Mulleres Rurais de Lagartóns.

En comarcas
En Catoira, este domingo celébrase unha cita destacada que converterá o municipio na capital do xadrez galego, con 120 participantes. En Valga, o mes de agosto estará dedicado á promoción da anguía e da caña do país, cun amplo programa gastronómico.

En deportes
O CD Estradense coñecerá o luns 27 de xullo o calendario da Terceira Federación, coa vista posta na nova tempada.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_177846852_feed_1.mp3

Scroll al inicio