RadioEstrada

Infomativos Radio Estrada

Neste informativo de Radio Estrada repasamos a actualidade máis destacada do municipio e da comarca. Abrimos coa oposición da ANPA da Galiña Azul á gasolineira proxectada a só 32 metros da escola infantil, reclamando unha localización alternativa. Ademais, remata hoxe o prazo para presentar alegacións á liña de alta tensión A Estrada-Paizás e coñecemos os avances previstos para a autovía de A Estrada, coa reserva de 12,3 millóns de euros nos orzamentos autonómicos de 2027.

Tamén falamos da consecución dos 1,5 millóns de euros necesarios para a reforma da praia fluvial de Liñares, da convocatoria dun pleno extraordinario para modificar o destino dun préstamo municipal e aprobar un suplemento de crédito, así como do reparto de máis de 104.000 euros entre clubs e deportistas federados do concello.

No apartado cultural, achegámonos á entrega do Premio Alberte Quiñoi para «Paio e o Gatipedro», á promoción da Festa do Salmón no Pasabodeghas de Vedra e ao curso organizado en Lagartóns para aprender a xestionar fincas e revisar datos catastrais.

Nas noticias comarcais, informamos dun aparatoso accidente entre un turismo e un camión na AP-9 ao seu paso por Caldas de Reis, afortunadamente sen feridos. Ademais, repasamos os investimentos previstos para a nova captación de auga do Deza en Lalín, o expediente para nomear a José Maril Fillo Predilecto de Silleda, o concurso escolar da Semana Verde sobre a memoria das feiras tradicionais galegas e a apertura anticipada do Belén Artesanal en Movemento de Valga.


https://www.ivoox.com/infomativos-radio-estrada_mf_182475985_feed_1.mp3

Scroll al inicio