RadioEstrada

INFOMATIVOS RADIO ESTRADA

Arrincamos coa crónica dun accidente de tráfico en Cuntis no que resultaron feridas dúas persoas, entre elas unha veciña da Estrada, trasladadas ao Hospital Miguel Domínguez.

Falamos tamén da presentación oficial da 14ª Feira de Oportunidades do Comercio e da 72ª Feira de Antigüidades, dous eventos xa consolidados no calendario estradense. Ademais, coñecemos “Xanela”, a nova galería virtual impulsada polo Concello para dar visibilidade ao talento artístico local.

Contamos como avanza a organización do Gran Prix do San Paio, que mantén aberto o prazo de inscrición para asociacións e comisións de festas ata o 10 de abril, nunha xornada que promete música, actividades e premios de ata 2000€.

Na comarca, repasamos decisións clave como a cancelación da variante oeste de Caldas por parte do Goberno central, os orzamentos de récord de Cerdedo-Cotobade para 2026 e a visita da deputada Paloma Castro a Forcarei para abordar os danos no río Ventoxo.

E en deportes, destacamos a participación do Club A Estrada Basket na iniciativa solidaria “Canastas Contra el Cáncer Infantil”, onde cada punto anotado se converterá nunha doazón para a investigación.


https://www.ivoox.com/infomativos-radio-estrada_mf_170024599_feed_1.mp3

Scroll al inicio