RadioEstrada

Filtracións e desperfectos no novo xulgado.

Poden volver escoitar AQUÍ a nosa conversa con Gonzalo Louzao no informativo Actualidade Mediodía

O Faro de Vigo publica AQUÍ unhas imaxes que poñen en dúbida o estado do novo edificio xudicial da Estrada, onde xa se están trasladando os 18 profesionais dos dous xulgados e do Rexistro Civil.
A pesar de que a Xunta destaca que o inmoble cumpre cos estándares do Plan Xustiza 2030, as fotografías amosan humidades, madeira ennegrecida, paredes repintadas ás presas e mesmo un charco por filtracións no calabozo.

Todo isto sae á luz apenas un día despois da visita do conselleiro de Presidencia e Xustiza, Diego Calvo.


Co gallo desta información, chamamos hoxe ao alcalde Gonzalo Louzao para coñecer a súa valoración.

.

Imaxes de Javier Lalín cedidas por Faro de Vigo

Scroll al inicio