Un martes de choiva, pero con moita música e boa compañía en A Galería de Verán.
Hoxe repasamos a actualidade na nosa Revista de Prensa con Carmen Pombo, viaxamos pola historia coas efemérides do 25 de agosto e achegámonos ata Lalín para coñecer o Campamento Musical de Verán da Banda de Música de Lalín.
Na segunda hora seguimos descubrindo a nosa contorna. Falamos con Darío Rey, concelleiro de Medio Ambiente de Touro, sobre Goza do Ulla, unha iniciativa que nos convida a camiñar, coñecer e desfrutar do patrimonio natural e cultural arredor do río.
E, por suposto, non faltaron a música, a participación dos oíntes e o noso concurso de Mr Pizza e Wild Burguer, que hoxe chegou con hamburguesa en xogo.
Así vivimos este martes na Galería de Verán de Radio Estrada, 107.7 FM.
Mañá, máis radio, máis historias e máis verán.
