RadioEstrada

Ensaiar é de Covardes 14-10-2026

Rock and Roll, metal, jazz, blues, soul…, músicas da nosa terra e do resto do mundo, grupos locais, datas de concertos, conversas, falamos de lingua e de cine, escoitamos músicas e grupos inolvidables, coñecemos propostas das persoas máis novas, desfrutamos de recomendacións lectoras, …todo isto e moito máis, cada tarde, no programa, Ensaiar é de Covardes. Pedro fálanos da proxección de curtas de animación gañadoras nos Premios Mestre Mateo, terá lugar nos MiniCinesCentral da Estrada, participa Luis Rivadulla o seu xerente, tamén nos propón a serie «Below». Barri achéganos catro bandas que tiveron unha existencia ben efímera e cun único éxito: The Knack, 4 Non Blondes, The Buggles e Boomtown Rats.


https://www.ivoox.com/ensaiar-e-covardes-14-10-2026_mf_182209331_feed_1.mp3

Scroll al inicio