Radio Estrada trasladouse a Requián para vivir en directo o día grande da Romaría dos Miragres.
Neste programa especial, presentado por Carmen Pombo e Damián Cortés, coñecemos de preto a historia, a devoción e o ambiente dunha das romarías máis concorridas da contorna.
Conversamos co párroco de Requián, Martín Kouman, de orixe marfileña, e cos membros da Comisión de Festas. Tamén escoitamos as voces das rosquilleiras e dos polbeiros, protagonistas imprescindibles desta celebración, e falamos co campaneiro Pedro Túñez sobre as campás e os seus tradicionais toques.
Un programa realizado desde o corazón de Requián, entre tradición, fe, gastronomía, reencontros e moitas historias compartidas.
Escoita o programa completo en Ivoox.
