Hai persoas ás que só vemos cando algo vai mal. Cando hai un incendio, un accidente de tráfico, unha inundación, unha procura contrarreloxo ou calquera situación na que cada minuto conta. Son profesionais que traballan, moitas veces, lonxe dos focos, pero que resultan imprescindibles para garantir a seguridade de todos.
Na Estrada hai un servizo que leva anos demostrando esa vocación de servizo público. O equipo de Emerxencias da Estrada participou en centos de intervencións ao longo da súa historia, desde incendios forestais e rescates ata accidentes de tráfico, temporais ou dispositivos especiais. Incluso formou parte de operativos fóra de Galicia, colaborando en situacións de especial relevancia.
Hoxe queremos coñecer un pouco mellor o traballo que hai detrás de cada aviso ao 112, como se organiza un servizo destas características e tamén lembrar algunhas das intervencións que marcaron a súa historia. Manuel Martínez, Xefe de Garda deste servizo, atendeu hoxe a Neves Rodríguez e Damián Cortés na Galería do Verán de Radio Estrada.
Escoita a entrevista completa aquí.
