RadioEstrada

É de mañán con Neves Rodríguez

Hoxe luns 2 de Marzo abrimos a semán adicada a Muller. Entrevistamos a Sally Torres, veciña da Estrada que leva máis de 30 anos aos mandos dunha pala, unha muller afouta, brava e xenerosa que sempre tivo moi claro o que quería desta vida.
No apartado de consumo Ana Cores alerta sobra as estafas dixitais, neste caso sobre os códigos QR fraudulentos e como actuar para previr a apropiación indebida dos nosos datos.
A concelleira de igualdade do Concello da Estrada adianta como se vai celebrar desde o punto de vista institucional o 8 M.
E falamos con Pilar Porto Carballo unha das irmáns Porto Carballo que veñen de seren recoñecidas co Premio ao Labor das Mulleres da Estrada.


https://www.ivoox.com/e-manan-neves-rodriguez_mf_169385544_feed_1.mp3

Scroll al inicio